#25N RMPL: ROMPE O SILENCIO. NON HAI ESCUSA

PROGRAMA

PROGRAMA #25N RMPL: ROMPE O SILENCIO. NON HAI ESCUSA

A violencia contra as mulleres e nenas continúa sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas. Este ano, RMPL presenta o programa “Rompe o Silencio. Non Hai Escusa” baixo a etiqueta #interseccionalidadeelei para visibilizar a interseccionalidade das violencias contra as mulleres e nenas e promover a comprensión do Convenio de Istambul.

A interseccionalidade na loita contra a violencia de xénero

O programa ten como obxectivo promover a comprensión de como factores como raza, clase social, orientación sexual, identidade de xénero, discapacidade, idade ou orixe étnica afectan as experiencias de violencia de xénero. As violencias non son independentes entre si, senón que interactúan, creando formas específicas e complexas de discriminación.

O Convenio de Istambul, en vigor desde 2014, é o tratado xurídico internacional máis relevante para combater a violencia de xénero e doméstica, recoñecendo que esta violencia é unha violación dos dereitos humanos e promovendo a igualdade de xénero como clave para previr a violencia machista. Co programa #25N RMPL, queremos achegar esta importante lexislación á cidadanía, utilizando obras e pezas dos museos para ilustrar e comprender a súa esencia.

Actividades destacadas do programa

  • Encontro: “Eliminación da violencia contra as mulleres: a mirada interseccional e a comprensión da lei a través da arte”
    • Data: Xoves, 31 de outubro ás 11.30 h (lugar por confirmar).
    • Obxectivos:
      • Explorar a interseccionalidade das violencias contra as mulleres e nenas (etnia, idade, clase social, discapacidade…).
      • Facilitar a comprensión do Convenio de Istambul mediante pezas de museos.
  • Visitas 
    • Museo Provincial de Lugo: Tradución da lei contra a violencia de xénero mediante pezas museísticas.
      • Horario: Sábados de novembro ás 11.00 h.
    • Museo Fortaleza San Paio de Narla: “SoTERRAdas” – Descubrindo a obra “Delitos carnais” de Luz Darriba e a lenda de Catarina.
      • Horario: Sábados de novembro ás 12.00 h e ás 17.00 h.
    • Museo do Mar: “Mareas de cambio” – Loitando pola eliminación da violencia contra as nenas.
      • Horario: Sábados de novembro ás 12.00 h.
    • Pazo do Tor: “Abrazando o bo trato” – Reflexión sobre a violencia de xénero nas mulleres maiores.
      • Data: 20 de novembro ás 11.00 h.

Participación aberta: Rompe o Silencio

O programa tamén inclúe unha actividade interactiva na que as persoas poden expresar as súas experiencias, sentimentos e opinións a través dun altofalante, ademais de participar nun photocall para visibilizar a loita contra a violencia de xénero. Únete a esta iniciativa, visita o museo máis próximo e axúdanos a difundir esta loita nas redes sociais cos cancelos #rompeosilencio #nonhaiescusa #rmpl.

Comparte nas túas redes