30º aniversario do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

O 31 de outubro de 2020 cúmprense trinta anos da apertura do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, pero a súa historia comeza un pouco antes. No ano 1986, inaugúrase como centro para acoller exposicións temporais de Arte Contemporánea; mais tarde é creado o Museo como organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura, por Real decreto, o 27 de maio de 1988, cos fondos artísticos que integraban o desaparecido Museo de Arte Contemporánea. Esta institución creábase no ano 1952 para albergar as coleccións artísticas do século XX procedentes do desaparecido Museo de Arte Moderna.

O 10 de setembro de 1992, inaugúrase a colección permanente do Museo que, ata ese momento, só acollera exposicións temporais.

O problema que se formulaba co reparto das coleccións artísticas estatais queda resolto mediante o Real decreto de 17 de marzo de 1995, que establecía a data do nacemento de Pablo Picasso, en 1881, coma liña divisoria de xeito que as obras dos pintores nados antes desta data quedarían incorporadas ao Museo do Prado mentres os nados despois serían integrados no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.

Actualmente, o MNCARS é un organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura que ten a súa sede nos chamados edificio Sabatini, que era o antigo hospital de San Carlos do século XVI, reformado en diversas ocasións e o edificio Nouvel, prolongación do primeiro, ademais de contar co Pazo de Cristal no parque do Retiro e o Edificio Velázquez.

O Museo Provincial de Lugo, depositario de varias obras pertencentes a esta institución, quere sumarse a esta celebración presentándoas todas xuntas xa que se atopan expostas e distribuídas por diferentes salas permanentes.

O depósito do MNCARS no MPL está constituído por once obras pictóricas e cinco esculturas datadas entre finais do século XIX e a primeira metade do século XX.

Algunhas destas obras constitúen o xerme da colección de Belas Artes do noso Museo, ingresando nos anos 1932, 1933 e 1934 procedentes do antigo Museo de Arte Moderna.

A prórroga destes depósitos foi autorizada polo Real Padroado do MNCARS en sesión plenaria, celebrada o día 12 de marzo de 2012, por un período de cinco anos renovables e na sesión da Comisión Permanente celebrada o 24 de abril dese ano aprobaron o préstamo temporal de tres novos cadros.

DEPÓSITOS DO MUSEO NACIONAL CENTRO DE ARTE RAÍÑA SOFÍA NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

  • Retrato de señora. Juan Rodríguez Jaldón (Sevilla 1890-1967). 1922

Óleo sobre lenzo. 165 x 165 cm.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 20 de maio de 1932.

Ao mercado. José Cruz Herrera
  • Ao mercado. José Cruz Herrera (Línea de la Concepción, Cádiz 1890-Casablanca, Marrocos 1972). 1924

Óleo sobre lenzo. 200 x 200 cm.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 20 de maio de 1932.

  • Recuncho de capuchinas. Toledo. Esteban Domech Fernández del Cornejo ( Santa Clara, Cuba 1888-1960). 1927

Óleo sobre lenzo. 70 x 74 cm.

Depositado polo Museo Nacional Centro de Arte Moderna por Orde ministerial de 20 de maio de 1932.

  • Galerna. Nicolás Soria González (Avilés, Asturias 1882-Oviedo, Asturias 1933). 1926

Medalla de segunda clase na Exposición Nacional de Belas Artes de 1926

166 x 233 cm.

Depositado polo Museo de Arte Moderna por Orde ministerial de 20 de maio de 1932

  • Retrato de don Ángel Lizcano Monedero. José Antonio González de la Peña y Rodríguez de la Encina 8 Madrid 1887-1961). 1927

Ole sobre lenzo. 66 x 54 cm.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

Paisaxe. Francisco Esteve Botey
  • Paisaxe. Francisco Esteve Botey (San Martín de ProvenÇals, Barcelona 1884-1955)

Óleo sobre lenzo. 80 x 80 cm.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

  • Torso de Muller. Jaime Otero Camps (Mahón, Menorca 1888-Barcelona 1945).

Escultura de mármore. 94 x 32 x 34 cm.

Depositado polo Museo de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933

  • Piedade. Pedro de Torre Ysunza y González Castroverde (Don Benito, Badaxoz 1892-Madrid 1982). 1930

Talla en Madeira e contrachapado.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

  • San Francisco. Francisco Asorey González 8 Cambados, Pontevedra 1889-Santigo de Compostela 1961). 1926

Talla en madeira policromada.

Medalla de primeira clase na Exposición Nacional de Belas Artes de 1926

Depositada polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

  • Retrato. Ignacio Veloso Molina (Madrid 1898). 1926

Mármore.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

  • O pintor Antonio Pedone. José Fioravanti (Bos Aires, A Arxentina 1896-1970)

Mármore. 40 x 23 x 25 cm.

Depositada polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 7 de febreiro de 1933.

  • O claustro. Roberto Fernández Balbuena (Madrid 1891-México 1966). 1925

Óleo sobre lenzo.

Medalla de segunda clase na Exposición Nacional de Belas Artes de 1926

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna por Orde ministerial de 8 de decembro de 1934.

A escola de Doloriñas. Julia Minguillón Igesias

  • A escola de Doloriñas. Julia Minguillón Igesias (Lugo 1906-1965). 1941

Medalla de primeira clase na Exposición Nacional de Belas Artes de 1941

Óleo sobre táboa.

Depositado polo Museo Nacional de Arte Moderna, en 1962, en intercambio co Museo de Belas Artes de Sevilla, onde pasou a pintura de José García Ramos titulada Hasta verte Cristo Mío.

  • Retrato de Muller. Eduardo Malta (Covilhã, Centro, Portugal 1900-1967). 1929

Óleo sobre lenzo. 120 x 80 cm.

Depositado polo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía por Orde ministerial de 8 de maio de 2012.

  • Venecia. Maria Luisa Pérez Herrero (Madrid 1898-1934). Ca. 1929

Óleo sobre arpilleira. 98 x 72 cm.

Depositado polo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía por Orde ministerial de 8 de maio de 2012.

  • Paisaxe. Gerardo Alvear Aguirre (Castillo de Siete Villas, Cantabria 1887-Madrid 1964). Ca.1955

37 45 cm.

Depositado polo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía por Orde ministerial de 8 de maio de 2012.

María Quiroga Figueroa/Departamento de Belas Artes

Galería

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes