En BenCuriosa creamos equipos de traballo para investigar, experimentar, facer proxectos e compartir coñecemento.
Únenos unha forma de traballar coidadosa e que creemos nunha cultura aberta (inclusiva, exploradora, dinámica), que aposta pola implicación cidadá e a finalidade social dos proxectos, pola potencia da cooperación transdiciplinar entre axentes e pola conexión coa esfera internacional desde unha forte ancoraxe na identidade propia.
Desde a xestión cultural tecemos redes, investigamos, deseñamos e activamos novas estratexias institucionais, experiencias formativas e espazos creativos que respondan de maneira innovadora aos retos actuais da sociedade.
ola@bencuriosa.gal Avda. Fisterra, 237, 1º (Arteixo – A Coruña)