EdMS24 | Investigar e aprender no museo: outro tempo
Detalles do evento
Estas conversas celebraranse en liña, a través dun espazo virtual ao que se accede con inscrición previa. Este ciclo de conversas forma parte de Estratexias da Museoloxía
Detalles do evento
Estas conversas celebraranse en liña, a través dun espazo virtual ao que se accede con inscrición previa.
Este ciclo de conversas forma parte de Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24, unha nova experiencia para a comunidade iberoamericana da Rede: un espazo de diálogo, posta en común e pensamento colectivo. Dende a perspectiva da educación e a investigación no museo -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.
Buscamos coñecer experiencias, da man de profesionais de referencia internacional nos ámbitos da educación e a investigación no eido museístico. Pero tamén falar e debatir sobre que condicións deberan darse para xerar contextos con tempo de calidade para que profesionais de museos, outros axentes culturais e a propia comunidade poidan indagar, experimentar e aprender sobre as súas coleccións ou sobre as realidades sociais do territorio.
Cando
abril 23, 2024 5:00 pm - 6:30 pm(GMT+01:00)
Organizador
BenCuriosa
En BenCuriosa creamos equipos de traballo para investigar, experimentar, facer proxectos e compartir coñecemento.
Únenos unha forma de traballar coidadosa e que creemos nunha cultura aberta (inclusiva, exploradora, dinámica), que aposta pola implicación cidadá e a finalidade social dos proxectos, pola potencia da cooperación transdiciplinar entre axentes e pola conexión coa esfera internacional desde unha forte ancoraxe na identidade propia.
Desde a xestión cultural tecemos redes, investigamos, deseñamos e activamos novas estratexias institucionais, experiencias formativas e espazos creativos que respondan de maneira innovadora aos retos actuais da sociedade.
Leave A Comment
You must be logged in to post a comment.