Fotografía a cegas III

Pintar un lenzo en negro

Esta programa forma parte de: Fotografía a Cegas

Xaneiro de 2016

Presencial

A terceira edición de “Fotografía a Cegas” afiánzase cun pródigo percorrido andado, fotógrafos cegos sen andrómenas e con cámaras fotográficas en man, evidenciaron a súa capacidade creativa e o seu afán de superación.

Ao longo das últimas edicións quedaron patentes os resultados, mostrando a riqueza adquirida nunha actividade tan inusual como insubstituíble, demostrado con éxito a vontade e capacidade de derrubar barreiras coa curiosidade e o empuxe persoal desde a experimentación fotográfica.

Nesta nova edición expúxose un obxectivo prioritario: a necesidade de dialogo coa contorna e o contexto do Museo, abarcado desde a paisaxe cultural; mantendo a liña de actuación do ICOM programada para O Día Internacional dos Museos 2016, que versará contorna aos Museos e Paisaxes Culturais.

A Rede Museística de Lugo foi o escenario dunha nova edición de “Fotografía a Cegas”, exposta desde a introdución da paisaxe cultural, que neste caso cohabita co patrimonio histórico, etnográfico e natural dos catro Museos da Rede. Para iso programáronse unha serie de talleres cun roteiro marcado, onde as actividades e propostas expoñen unha paisaxe por descubrir e interpretar, desde o traballo de inclusión que emerxe da iniciativa dos propios participantes.

Maís info

Galería

Video

Enlaces de interese

Accións incluídas neste programa

  • cartaz expo fotografía a cegas

Exposición Fotografía a cegas V (2010-2023)

A Rede Museística Provincial de Lugo, organiza o proxecto Fotografa a Cegas desde fai trece anos, unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades, edicións que conforman a gran familia de Fotografía a Cegas.