María Corredoira
Exposición
Temática: Xéneros e igualdade
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: Dende o 15/03/2023
até o 31/05/2023
Formato: Presencial
A primeira das mostras do programa (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial estará dedicada a María Corredoira (A Coruña, 1893 – 1970) que agora, neste ano 2023, vai polos 130 anos do seu nacemento. Unha das primeiras pintoras en incorporarse á Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, xunto con Dolores Díaz Baliño en 1938 que, ao noso xuízo, non está o suficientemente recoñecida e visibilizada na historiografía canónica xeral e, mesmamente, no que atinxe ao panorama artístico galego. Non obstante, a partir da década dos noventa co desenvolvemento dunha corrente para a dignificación, recuperación e posta en valor do traballo da muller na arte galega fixo que figuras da talla de Maruja Mallo ou María Corredoira ocupen no século XXI o posto que, de xustiza, lles corresponden na historia da arte contemporánea, ao tempo que axudou a promocionar o talento de novas creadoras posteriores.
María Corredoira, pintora, docente e poeta, ademais da súa vocación precoz e éxito expositivo inicial, foi unha verdadeira pioneira non só ao comezo da súa carreira senón tamén como a primeira muller en entrar na Academia despois dun cento de homes precedéndoa e pasados 89 anos da existencia da institución.
Obxectivos concretos da primeira mostra:
-Promover o estudo e coñecemento da vida e obra de María Corredoira
-Colaboración institucional para amosar e recuperar a súa contribución á historia da arte galega, aproveitando recursos comúns e sinerxías colectivas
-Contextualizar a esta creadora na arte e na sociedade do seu tempo.
-Contribuír á súa posta en valor e (re)coñecemento.
No Museo Provincial de Lugo conservamos varias obras de María Corredoira e documentación arquivística que pretendemos poñer en valor sumando préstamos externos de coleccións públicas e privadas para configurar unha mostra representativa onde dialogue a súa parte artística co seu activismo social e institucional a través dun discurso expositivo baseado na súa promoción e reivindicación.
O luns día 5 de feberero presentouse, no Museo Provincial de Lugo, o catálogo “María Corredoira (Re)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial”. Na presentación interviñeron a deputada delegada de Cultura Iria Castro; a xerente da RMPL, Encarna Lago; e a directora do MPL, Aurelia Balseiro.
Tamén che pode interesar
Nova visita inmersiva á exposición “Emocións” de Soledad Penalta
Nova visita inmersiva á exposición "Emocións" de Soledad Penalta Esta proposta