Mel e barro,
as máis belas tradicións de Galicia
Temática: Identidade, memoria e territorio
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: Dende o 5/10/2023
ao 29/10/2023
Formato: Presencial
Mel e barro son duas das máis belas tradicións de Galicia, relacionadas unha coa outra desde o principio dos tempos, onde na aldea castrexa galega o mel adozou alimentos ou cicatrizou feridas, e o barro cocido, hábilmente modelado, almacenou, xunto con trigo, aceite ou viño, este «ouro líquido» que é o mel fundamental para a supervivencia aldea.
A exposición Mel e barro, as máis belas tradicións de Galicia, organizada pola Deputación Provincial de Lugo e pola Área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello lucense, mostra ao espectador que se achegue polo Museo Provincial de Lugo, unha selección de veleiros, meleiras, castraderas e pucheiras do mel de diferentes antigüidades (séculos XVIII-XX), orixinarias de distintos recunchos de Galicia, postas ao alcance do público grazas á xenerosidade de dúas das coleccións galegas de barro antigo máis prestixiosas como son a Colección Gerardo Caldas (Sarria) e a Colección Rosas Carballés (Santiago de Compostela).
Co obxecto de poñer en relevo a diversidade cultural e imaxinativa do ser humano á hora de abordar solucións fronte a similares dificultades en puntos xeográficos sen relación cultural entre eles, a exposición fai un percorrido por outras zonas de España mostrado pezas dedicadas outrora ao mel e a cera, recuperadas agora para este evento tras reproducilas as máis expertas mans de mestras e mestres do barro.
Son meleiras, castraderas, afumadores, palmatorias e candeleros de diferente procedencia que, tras a investigación de recuperación destas pezas, incorpóranse de novo ao repertorio tipolóxico oleiro nacional, ofrecendo ao visitante da exposición unha completa visión de como a olería veu cubrir necesidades básicas nos labores propios da apicultura, así como nos fogares á hora de consumir exquisitos meles.