Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892″. Relatorio de Alba Díaz Geada

Encontro de Saberes

Cartaz do dialogo de saberes sobre o motin de cervo a cargo da historiadora Alba Diaz Geada

Esta proposta forma parte de: Foro expandido de Museoloxía Social

Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar

Cando:  16/03/2024
ás 17:30 h

Formato: Presencial

A Área de Cultura, a través da Rede Museística Provincial de Lugo, quere visibilizar o papel das nosa mulleres na historia do país cun novo “Encontro de Saberes Compartidos”. Contaremos coa historiadora Alba Díaz Geada para achegarnos o relatorio “Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892″, no que nos descubrirá o papel das mulleres nas revoltas do s. XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida.

Nomeadamente, pola proximidade dos feitos, compartirá connosco o que leva descuberto ata o de agora acerca do sonado motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892. Tal atrevemento tivo que deixar pegada. Queda algo deste feito na vosa memoria familiar? Contáronvos algunha historia sobre este ou outros levantamentos semellantes? Se queredes participar na recuperación da vosa historia, achegádevos ó Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o sábado 16 de marzo, ás 17:30 h.

Tamén che pode interesar

  • Cartel da exposición "Amar a(mares)" de Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. O fondo da imaxe mostra unha textura de cristal con tons verdes e transparencias. Sobre el, aparece o título da exposición en letras grandes e escuras. Máis abaixo, en menor tamaño, figuran os datos da mostra: terá lugar do 3 de abril ao 31 de maio de 2025 no Museo Provincial de Lugo. Na parte inferior, os logotipos da Deputación de Lugo - Cultura e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Amar a(mares)

 Amar a(mares)  Julia Ares Infantil e familias | Maiores | Mocidade 

Comparte nas túas redes