O impacto da cultura no benestar e a sostibilidade. Avaliar, medir, mellorar

Ciclo de conversas

Cartaz vertical do ciclo de conversas sobre cultura, benestar e sustentabilidade

Esta proposta forma parte de: Estratexias de Museoloxía Social

Cando: Todos os martes, do 02/05 ao 13/06, ambos incluídos
de 17:00-18:30 (CET/UTC+1)

Formato: En liña

Este ciclo de conversas supoñen un proceso de reflexión e aprendizaxe, no que abordaremos como activar prácticas museísticas e culturais para mellorar o benestar social e a sostibilidade. Pero tamén -e isto cremos que é moi importante- como avaliar e medir o seu impacto. Farémolo dende perspectivas diversas e da man de profesionais de referencia no contexto internacional:

  • 02/05/23 | O Impacto Social da Cultura. Novas formas de medir e avaliar. Con Pau Rausell (Director de Econcult (Universitat de València) e Coordinador MESOC consortium)
  • 09/05/23 | Accesibilidade e Inclusión, metodoloxía para diagnosticar barreiras de acceso e participación. Estratexias de inclusión desde a empatía. Con Sergio Lago (BenCuriosa – Implementa Cultura Accesible), Encarna Lago e Ángeles Miguélez (Rede Museística Provincial de Lugo)
  • 16/05/2023 | Arte e Educación, experiencias e aproximación metodolóxica para o encontro entre contornas educativas, institucións culturais e prácticas artísticas transformadoras. Invitada/ou por confirmar
  • 23/05/23 | Prácticas artísticas, participación e política, unha aproximación ao concepto de calidade da participación cultural e artística. Fortalezas, debilidades e “mitos” recorrentes. Con Hugo Cruz (Art and participation, Portugal)
  • 30/05/23 | Estratexias de sustentabilidade ambiental, económica e social, do diagnóstico ao plan situado no contexto. Claves para activar un itinerario perdurable de xestión sostible e con impacto social. Con Giada Calvano (co-fundadora Chloe Sustainability e investigadora cultural)
  • 06/06/23 | Sustentabilidade dixital, reflexións e ferramentas para a avaliación da estratexia dixital en organizacións culturais. Con Elena Villaespesa (Dixital Analytics Lead na National Gallery of Art (Washington D.C.) e profesora asociada visitante en Pratt Institute School of Information (iSchool
  • 13/06/23 | Artes na Saúde, experiencias integradas para previr e tratar enfermidades e para guiar e influír na promoción da saúde. Con Guillem d’Efak Fullana-Ferré (Responsable de Acción Comunitaria, Programas Públicos e Comunicación do Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC)
Inscríbete aquí!

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar