Trazando solidariedade

15 anos da Rede Lucense de Voluntariado.

15 anos da rede lucense de voluntariado, 2 de ecembro de 2022. 12:00 hors Museo Provincial de Lugo

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Dende o 2/12/2022
12:00 am

Presencial

Con motivo do 15 aniversario da Rede Lucense de Voluntariado, a Rede Museística Provincial de Lugo, entidade de referencia dentro museoloxía social, realiza, xunto coa Rede Lucense de Voluntariado, este proxecto expositivo centrado no voluntariado co obxectivo de compartir a experiencia de traballo única no contexto galego.

Nesta mostra participan un total de 16 entidades en rede: a Rede Museística Provincial de Lugo, o Servizo de Participación e Inclusión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, Aliad Ultreia, Alume Saúde Mental, AECC, Aspnais, Asociación Xuvenil Ateibo, Auxilia Lugo, Capaces, Cáritas Diocesana Lugo, Cogami Lugo, Down Lugo, Fundación Dignidade, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano e Raiolas Lugo.

A exposición “TRAZANDO SOLIDARIEDADE” está articulada arredor de tres espazos:

A Rede de Voluntariado”. Refectorio

Pensando no Voluntariado”. Corredor da Sala principal de exposicións

O lenzo do Voluntariado”. Sala Polivalente

A Rede Lucense de voluntariado ten a súa orixe no 2007 para dar resposta á necesidade de impulsar e promover o voluntariado organizado, sustentado na idea de colaboración das entidades que desenvolven proxectos de acción voluntaria na cidade de Lugo. A Rede funciona como un espazo de traballo común, cun sistema de organización cooperativo, converténdose nun punto de encontro e reflexión nos que se traballa baixo o principio de confianza,respecto entre todas as entidades para lograr un maior fortalecemento do voluntariado na comunidade.

A participación é un principio que vertebra da Rede Lucense de Voluntariado, implicando as entidades que directamente a integran, ás persoas voluntarias, á comunidade, organismos públicos e privados para conseguir esta participación no impulso da cidadanía activa dentro do marco comunitario. O voluntariado ten un papel fundamental na construción dunha sociedade inclusiva baseada na solidariedade e na participación activa da cidadanía.

Desde os seus inicios a Rede ten como un dos seus obxectivos principais facer visible o valor do voluntariado como unha forma de expresión da participación de toda a cidadanía. O voluntariado ten un papel fundamental na construción dunha sociedade inclusiva baseada na solidariedade e na participación activa da cidadanía. A Rede defende un voluntariado creador de equidade, xustiza e cohesión social e ao mesmo tempo, transmisor de esperanza e optimismo, que se fundamenta na dimensión solidaria das capacidades humanas. As persoas voluntarias promoven a transformación social a favor de todas as persoas difundindo, velando e reivindicando os seus dereitos.

Galería

Visita virtual

Video

Tamén lle pode interesar

Fotografía a Cegas VI

Profesionais de museo e investigadores, Accesibilidade, integración e inclusión, Acción, Fotografía a cegas, Futuro, Museo Provincial de Lugo, Museo provincial do Mar, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museología Social, Obradoiro, Pazo de Tor|

A nova edición de Fotografía a Cegas, expón a necesidade de adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial, desta volta, diversas disciplinas como a fotografía, a danza, a creación audiovisual, música, ou o deporte como expresión corporal serán o eixo central dos tobradoiros

Comparte nas túas redes