XXII Xornadas Pedagóxicas na RMPL
Museos Situados: xestión, educación e territorio
Temática: Educación e mediación
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: 29 e 30 de maio; 5 e 6 de xuño
Formato: Presencial
Nestas XXII Xornadas Pedagóxicas descubriremos as regalías da terra en múltiples e diversas formas a través dos contidos dos museos da Rede Museística Provincial.
Procuraremos a harmonía que facilita un desenvolvemento persoal e social equilibrados, onde o medio e a persoa van parellos.
Nas actividades os puntais clave serán a escola e os museos, traballando xuntos como ferramentas de transformación social (ser e facerse, construíndonos unhas con outras). Resulta básica a asimilación de coñecementos para o desenvolvemento dun pensamento crítico e propio das crianzas.
Estas xornadas promoven dende a Rede Museística Provincial unha educación pausada, reflexiva, facendo camiño a ritmo, inclusiva, igualitaria e sostible.
As Xornadas abren a súa inscrición con 20 prazas reservadas para mestres en activo que deben realizar a mátricula a través do CFR; tamén se reservan 5 prazas para mestres en paro e outras 5 para profesionais vencellados a educación de museos , os cales recbirán un certifiado de asistencia da RMPL, que deberán inscribirse neste formulario.
PROGRAMA DAS XORNADAS
📆 Mércores, 29 de maio
📍 San Paio de Narla
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Museo de San Paio de Narla.
16:45 Presentación das xornadas e entrega de material.
Presentación das xornadas a cargo de Iria Castro, deputada delegada da área de Cutura da Deputación Provincial de Lugo; Encarna Lago e Marta Arias, coordinadoras das xornadas acompañadas de Silvia Fiallega, secretaria técnica das mesmas
17:00 Mesa compartida “Simbiose escola e territorio”, a través dos proxectos de:
• CEIP Terra Chá (Román, Vilalba) e o seu “Espazo agropecuario Terra Cha” para os pequechás. J. Manuel López Barrio, director do centro.
• IES Basanta Silva (Vilalba) e a biblioteca do centro, Biblioteca Agustín Fernández Paz, como centro de dinamización e integración social, territorial e cultural. Sabela Figueira Tenreiro e Almudena Falcón Folgueira.
18:00 Descanso.
18:15 “Faino teu: novas experiencias desde o museo das Mariñas de Betanzos”, Ángel Arcay Barral, director da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas do Concello de Betanzos.
18:45 Visita mediada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
19:15 “O museo nunha caixa: investigar, xogar e descubrir o territorio cos museos da RMPL”, Silvia Fiallega Lorenzo, da RMPL.
19:45 a 20:00 Debate e clausura.
📆 Xoves, 30 de maio
📍Museo Provincial de Lugo
16:00 “Proxecto Neo: a radio educativa ao servizo da cohesión social”. IES Perdouro (Burela), Bernardo Penabade e Vanessa Vilaverde.
16:30 Actividade “Museo, xénero e inclusión”, Verónica Fernández e Ángeles Miguélez, da RMPL.
17:30 Descanso e traslado á Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo.
17:45 Mesa compartida “Acción comunitaria: identidade e memoria”.
• Museo Os Oleiros (Concello de Oleiros), Ana Justo Rajó.
• Instituto de Estudos Ulloáns, proxecto “Corcosendo”, Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, comisarias.
18:45 Visita mediada á exposición do proxecto “Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa”.
19:30 a 20:00 Debate e clausura.
📆 Mércores, 5 de xuño
📍 Pazo de Tor
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
16:45 Mesa compartida “Museos e territorio: do local ao global, do rural ao urbano”:
• Susana Hevia González, directora do Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe el Ferreiro”.
• Fernando Sáez Lara, director do Museo Nacional de Antropoloxía.
17:45 Descanso.
18:00 “Investigación educativa: proxecto proba de concepto”, Cosme J. Gómez Carrasco, Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Murcia.
18:30 “Investigación educativa na RMPL (2024): 25 anos dando tempo ao tempo”, Encarna Lago González, Xerente da RMPL.
19:00 Visita mediada ao Pazo de Tor: “Soterradas: Historia do futuro”.
19:40 Debate e clausura.
📆 Xoves, 6 de xuño
📍 Pazo de Tor
16:00 Saída de Lugo e viaxe ao Pazo de Tor.
16:45 Mesa compartida “Museos: Educación, acción comunitaria e programas públicos”:
• “DIM 2024: Museos para la educación y la investigación”, Mª Auxiliadora Llamas Márquez, Presidenta de ICOM España.
• “PradoEducación: cómo transformar el relato desde la acción educativa”, Ana Moreno Rebordinos, Coordinadora Xeral de Educación do Museo del Prado.
• “Acción Comunitaria, Programas Públicos e Comunicación do MNAC”, Guillem d’Efak Fullana-Ferré, do Museu Nacional d’Art de Catalunya.
18:30 Descanso.
18:40 “Onde habitan os feitos: do documento histórico ao discurso educativo”, Simón Vicente, da RMPL.
19:10 “Revirando a educación patrimonial, relacións co corpo, o espazo e as persoas” María Cacheda Pérez, Universitat Oberta de Catalunya e e Agència Catalana del Patrimoni Cultural,
19:50 a 20:00 Debate e clausura.