Con motivo das obras convidadas do Museo de Pontevedra que se expoñen ata finais de 2026 na sala 25 do Museo Provincial de Lugo, organízase como actividade complementaria a III
Detalles do evento
Con motivo das obras convidadas do Museo de Pontevedra que se expoñen ata finais de 2026 na sala 25 do Museo Provincial de Lugo, organízase como actividade complementaria a III Xornada dedicada á vixencia de Castelao.
Seguindo o ronsel das dúas edicións anteriores, que procuraban poñer en valor a produción de Castelao, aportar visións transversais da súa obra, interpretar e reflexionar sobre o seu legado e fomentar o debate e a participación cidadá, neste caso profundaremos sobre Castelao e o teatro,da man de Ángeles Tilve Jar (Directora do Museo de Pontevedra).