A Rede Museística Provincial de Lugo foi constituída oficialmente no mes de xuño do ano 2006, e aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo:

A creación da Rede respondeu á necesidade de unificar criterios e obxectivos, incentivar a colaboración, optimizar os recursos, procurar que as catro entidades se beneficien da condición de ser museos e buscar que todas as persoas teñan acceso a eles, converténdose así nun modelo de sostibilidade económica, social e medioambiental.

+ Saber máis sobre nós e o noso modelo de xestión

Onde atoparnos?

A Rede técese entre o Museo Provincial, na cidade de Lugo, o Museo-Pazo de Tor, o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla e o Museo Provincial do Mar, en San Cibrao.

Catro espazos, cada un coas súas características e coleccións, e un mesmo eixo vertebrador: a museoloxía social e unha filosofía de accións vinculadas á comunidade, ao territorio e ao patrimonio.

COÑECE OS NOSOS MUSEOS E AS DIFERENTES MANEIRAS DE VISITALOS:

Esta fotografía é unha das imaxes icónicas do Museo provincial de Lugo. Amosa a escaleira de pedra, feita en granito, que coa luz do exterior e as paredes brancas da contorna resulta especialmente luminosa. Na baixada das escaleiras hai cadros. tamén na estancia na que as escaleiras desembocasn, así como pezas de madeira (algún tipo de moble antigo) e maquetas en vitrinas de cristaldetalle do Museo Provincial de Lugo
logotipo do Museo Provincial de Lugo
Esta fotografía é unha das imaxes icónicas do Museo do Mar. En primeiro plano, dentro dunha vitrina de cristal e marcos de madeira, sobre un soporte de cor azul turquesa (como as paredes da sala) vemos varias maquetas a pequena escala de tres tipos de embarcación a vela. De fondo vemos máis vitrinas co mesmo contido. No centro, presidindo a sala, hai un gran timón de madeira ancorado na madeira clara do chandetalle do Museo Provincial do Mar
logotipo do Museo Provincial do Mar
A imaxe amosa un elemento icónico do Museo-Fortaleza de San paio de Narla. Trátase dunha liteira de paseo para un único ocupante. Este palanquín consiste nun habitáculo de madeira negro con decoración e cortinas douradas e dúas varas laterais que sobresaen ampliamente por diante e por detrás, deixando o espazo suficiente para ser transportada con largura por dúas persoas. Esta liteira era empregada, con tracción humana, polos nobres para os seus desprazamentosdetalle do Museo Fortaleza San Paio de Narla
Logotipo do Museo Fortaleza San Paio de Narla
Unha das imaxes representativas do Museo-Pazo de Tor son os carruaxes antigos conservados nas cortes restauradas do pazo. Na imaxe vemos dous destes carros, de madeiras nobres e coiro, en tons escurosdetalle do Pazo de Tor
Logotipo do Pazo de Tor
Loading...

Visitas grupais e escolares

A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a túa disposición a posibilidade de realizar visitas escolares e grupais.

Ola 👋
Un pracer coñecerte.

Rexístrate ao noso boletín para recibir contido xenial na túa caixa de entrada, cada mes.

Non enviamos spam! Le a nosa política de privacidade para máis información.