Museo Provincial do Mar

Museo Provincial do Mar2024-05-23T13:41:13+02:00

O edificio que alberga o Museo Provincial do Mar naceu para ser escola de San Cibrao no ano 1931, por desexo de D. José Mª Montenegro e Dna. Manuela Goñi Maíste, matrimonio emigrante na Arxentina.

Partindo da colección de pezas recollidas polo mestre D. Francisco Rivera Casás e os seus alumnos, a Deputación de Lugo acorda crear un museo dedicado ao mundo mariño en 1969. Estivo xestionado pola Asociación de Veciños “Cruz da Venta” dende 1994 ata 2004, momento no que a Deputación Provincial, por medio do Museo Provincial de Lugo, tomou o relevo na dirección.

O Museo Provincial do Mar, primeiro museo do mar de Galicia de carácter público, está conectado coa identidade mariñeira da súa xente, polo que recolle a historia de pescadores e pescantinas, navegantes e cazadores de baleas, redeiras e carpinteiros de ribeira. Trátase dun museo que fala da vida da poboación costeira e da tremenda e fráxil biodiversidade do medio marítimo.

Esta fotografía é unha das imaxes icónicas do Museo do Mar. En primeiro plano, dentro dunha vitrina de cristal e marcos de madeira, sobre un soporte de cor azul turquesa (como as paredes da sala) vemos varias maquetas a pequena escala de tres tipos de embarcación a vela. De fondo vemos máis vitrinas co mesmo contido. No centro, presidindo a sala, hai un gran timón de madeira ancorado na madeira clara do chan

Horario de inverno

(Outubro-Maio)

Martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00
Luns pechado

Horario de verán

(Xuño-Setembro)

Martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00
Luns e festivos locais pechado

Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo); 22 de maio (Sta. Rita);  16 de xullo; 16 de agosoto; 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

Go to Top