Cousas Nosas. Encontro de saberes

Linguaxes na obra de Caxigueiro

Cartel do evento "Cousas Nosas", dentro do Encontro de Saberes: "Linguaxes na obra de Caxigueiro". O fondo é negro con tipografía branca e crema. Destacan tres imaxes circulares: unha escultura con palabras gravadas, unha composición de pequenos bloques de pedra e unha fotografía dun avión. A información do evento aparece na parte inferior: terá lugar o 5 de abril ás 17:30 h no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Na parte baixa do cartel, os logotipos da Deputación de Lugo - Cultura e da Rede Museística Provincial de Lugo, xunto ás súas redes sociais.

 Museo provincial do Mar

5/04/2025 ás 17:30h.

No Museo Provincial do Mar de San Cibrao continuamos compartindo saberes dentro dos encontros “Cousas Nosas”. Desta volta, o vindeiro sábado 5 de abril, ás 17:30 h., contaremos con Daniel Río Rubal, “Caxigueiro”, co que repasaremos as linguaxes que transitaron a súa obra e proceso creativo até hoxe; así como a reivindicación a través da arte daquilo que nos é propio, como é a nosa lingua. Escoitaremos a arte na lingua e veremos a lingua na arte da man do propio artista.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes