Viaxe no tempo, historia dunha instantánea

Obradoiro de fotografía de estudio e álbum familiar.

 Museo provincial do Mar

01/03/2025 de 11 a 13:00 h.

Continuando coa celebración polo ano Castelao presentamos un obradoiro para reflexionar arredor da temática da migración, tema recurrente e fundamental na obra do artista. A fotografía é unha gran amiga que durante anos retratou os grandes momentos da nosa vida. Fala do tempo pasado, do vivido e dos grandes cambios. Partindo dunha pesquisa inicial, indagaremos no álbum familiar para coñecer as historias importantes da nosa familia. No obradoiro compartiremos esas historias, para falar de viaxes, migracións, despedidas, encontros… e tratar de reinterpretar esas fotografías cos medios e mirada dunha época moi distinta. A escea, a vestimenta, a colocación. Transformarémonos en fotógrafas e fotógrafos de estudio para crear unha instantánea contemporánea que rememore esas historias familiares que non deben ser esquecidas ao tempo que aprendemos da fotografía como técnica.

Vindes!!??

NOTA ÁS FAMILIAS: Revisar o álbum familiar coas crianzas para buscar fotos antigas relacionadas coa emigración ou fotos antigas da familia. Os nenxs Terán que traer unha copia ou, se preferides, facédelle unha foto co móvil e enviádea ó noso correo (museodomar@museolugo.org)

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes