Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo2022-12-30T14:46:06+00:00

Project Description

O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial no ano 1932, co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense.

Abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.

Horario de inverno

(1 de novembro – 30 de maio)

De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00

Luns pechado

 

Horario de verán

(1 de xuño – 30 de outubro)

De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30

Domingos e festivos: De 10:00 a 16:00

Luns pechado

 

infórmate aquí sobre visitas guiadas e en grupo
ACCEDE AQUÍ ÁS GUÍAS DO MUSEO DISPOÑIBLES EN VARIOS IDIOMAS

VISITAS INMERSIVAS

As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.

Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.

As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.

Fai click para desfrutar a visita

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

CONtornos

A exposición e unha mostra froito dunha escolma das pezas amosadas no XXII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia que se celebra en Xermade. Son pezas únicas que amosan a evolución e a recuperación do torneado artesanal da madeira.

XXI XORNADAS PEDAGÓXICAS

Nova edición, a XXI, das Xornadas pedagóxicas da Rede Museística nas que pretendemos reforzar os vínculos dos museos da Rede Museística coa comunidade educativa e ofrecer un plan de formación que axude a cumprir o obxectivo de que o profesorado conte cunha formación específica para a educación nos territorios rurais.
  • En abril visital mil

En abril, visitas mil

Os museos da Rede Museística preparámonos para celebrar o próximo 18 de maio do Día Internacional dos Museos. Pero antes convidámoste a coñecer as coleccións e exposicións temporais que hai programadas para este mes de abril cunha serie de visitas guiadas que che poden interesar.
  • Charla sobre TEA no Museo de Lugo

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O domingo, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Rede Museística Provincial xunto coa Asociación Raiolas organiza unha serie de actos que van ter lugar no Museo Provincial de Lugo e coa actividade ‘Marea Infinita’ no Museo Provincial do Mar.

María Corredoira

Esta exposición amosa a obra de María Corredoira e forma parte, como primeira andadura, do proxecto ‘(Re)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial’ que porá a obra de mulleres artistas no centro de interese e que terá continuidade ao longo deste ano 2023
  • cartaz expo fotografía a cegas

Exposición Fotografía a cegas V (2010-2023)

A Rede Museística Provincial de Lugo, organiza o proxecto Fotografa a Cegas desde fai trece anos, unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades, edicións que conforman a gran familia de Fotografía a Cegas.
Load More Posts
Go to Top