O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial no ano 1932, co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense.
Abriu por primeira vez as súas portas ao público en 1934, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX trasladouse ás dependencias do antigo convento de San Francisco de Lugo e foi declarado ben de interese cultural en 1962. Conta con 29 salas expositivas que albergan variadas coleccións de pezas, organizadas en tres grandes seccións: arqueoloxía, etnografía e belas artes.
Horario de inverno
(1 de novembro – 30 de maio)
De martes a sábado: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30
Domingos: de 10:00 a 15:00
Festivos: de 10:00 a 15:00
Luns pechado
Horario de verán
(1 de xuño – 30 de outubro)
De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30
Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00
Luns pechado
Este Museo permanecerá pechado o 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Reis), Martes de Entroido, 22 de maio (Sta. Rita), 24, 25 e 31 de decembro.
VISITAS INMERSIVAS
As visitas inmersivas aos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo permiten a persoas usuarias de todo o mundo acceder ás nosas coleccións sen importar o seu emprazamento físico.
Están formuladas en clave de igualdade e inclusión e xorden como resposta á necesidade de achegarnos á comunidade adaptándonos ás distintas realidades da mesma.
As persoas que non dispoñan de conexión a internet poderán poñerse en contacto coa Rede Museística, que lles facilitará os recursos necesarios para ter acceso a estas visitas.
Se desexa solicitar copias, tomar imaxes ou reproducir fondos materiais, fotográficos, documentais ou bibliográficos do Museo Provincial de Lugo siga estas recomendacións:
1.-Lea atentamente o documento: CONDICIÓNS DE REPRODUCIÓN DE FONDOS.
2.-Imprima, cubra e remita á dirección do MPL, debidamente asinado, o formulario: SOLICITUDE PARA A REPRODUCIÓN DE FONDOS.
Únha vez recibida a súa solicitude será avaliada polos departamentos ou servizos que corresponda, e á maior brevidade recibirá unha resposta. Pra resolver calquera dúbida ou aclaración sobre este asunto diríxase ao 982 242 112 ou a direccion@museolugo.org .