Novidades museográficas no MPL

O Museo Provincial de Lugo acaba de renovar a museografía das vitrinas de ourivería popular galega e acibeches (sala 11) e de rosarios, devocionarios e detentes (sala 5). Ademais, incorporouse unha nova vitrina con materiais de escritorio no discurso expositivo da sala 4.

Esta iniciativa, realizada polo Departamento de Etnografía e Artes Decorativas e coordinada pola Dirección do MPL, permitiu amosar ao público 62 pezas que se atopaban nas coleccións de reserva do museo.

Galería

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes