“José Fernández López. Un empresario sin miedo al riesgo”
Presentación do libro

O Museo Provincial de Lugo convida á presentación da biografía de José Fernández López, titulada “Un empresario sin miedo al riesgo”, obra da xornalista Marisa Gallero. O acto terá lugar o martes, 12 de setembro, ás 18:30 horas.
Esta publicación, galardoada co Premio LID de Biografía Empresarial, afonda na traxectoria de José Fernández López, empresario que desenvolveu proxectos en diversos sectores, incluíndo a industria farmacéutica, o transporte ferroviario e a pesca. Entre as súas iniciativas atópanse a fundación de empresas como Zeltia, Transfesa, Antibióticos e Pescanova.
O libro documenta o seu percorrido e as súas contribucións ao ámbito económico e cultural, destacando tamén o seu papel como gran benefactor do Museo Provincial de Lugo.
A entrada é libre ata completar o aforo.
.


