Escritura epistolar.
Escritura epistolar.
Correspondencia co Museo del Prado

Dende o 23/10/2025 ata o 04/12/2025
Este obradoiro de escritura epistolar impártese no Museo do Prado e, simultaneamente, nos espazos da Rede Museística Provincial de Lugo.
Destinado a público adulto interesado na escritura, proponse un achegamento ás obras de arte cunha mirada diferente, con ollos de escritor/a que busca unha historia. Para iso, explorando distintas técnicas narrativas, os participantes de ambos os museos poñeranse en contacto entre si por carta, para compartir o reto que representa a historia que queren contar e ofrecerse axuda mutuamente antes de escribir o seu relato definitivo. Deste xeito, escritura e pintura conéctanse grazas ao relato que escribimos.
Esta é unha ocasión para establecer unha correspondencia entre a exposición permanente do Prado e as obras que están en depósito no Museo provincial de Lugo.
Esta actividade enmárcase dentro dos obxectivos establecidos polo programa Prado estendido e dá visibilidade -a través da escritura, a acción social e educativa- ás obras do Museo do Prado expostas noutros museos.
INSCRICIÓN


