O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos

O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos

30set11:00 am6:30 pmO valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museosEdsm26

Detalles do evento

Rede Museística Provincial de Lugo, ao abeiro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co apoio do Comité Internacional para a Museoloxía Social (SOMUS–ICOM), organiza o vindeiro mércores 30 de setembro de 2026 a xornada presencial «O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos». A cita terá lugar no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) en horario de 11.00 a 18.30 horas, incluído un xantar colectivo. Este encontro supón o peche presencial da edición 2026 de Estratexias de Museoloxía Social (EdMS26), que tras reunir a preto de 300 participantes de diversos países iberoamericanos nun ciclo de conversas en liña durante a primavera arredor da saúde, a cultura de paz e o bo vivir, trasládase agora ao territorio para propiciar unha experiencia situada, compartida e participativa.

 

Cando

setembro 30, 2026 11:00 am - 6:30 pm(GMT+02:00)

Localización

Pazo de Tor

San Xoán de Tor, s/n, 27591 Monforte de Lemos, Lugo

Outros eventos

Pazo de Tor

Obter indicacións

Go to Top