A Rede Museística Provincial de Lugo, ao abeiro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co apoio do Comité Internacional para a Museoloxía Social (SOMUS–ICOM), organiza o
Detalles do evento
A Rede Museística Provincial de Lugo, ao abeiro da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co apoio do Comité Internacional para a Museoloxía Social (SOMUS–ICOM), organiza o vindeiro mércores 30 de setembro de 2026 a xornada presencial «O valor das palabras. Ou como crear mundos novos desde o dicir e o facer nos museos». A cita terá lugar no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) en horario de 11.00 a 18.30 horas, incluído un xantar colectivo. Este encontro supón o peche presencial da edición 2026 de Estratexias de Museoloxía Social (EdMS26), que tras reunir a preto de 300 participantes de diversos países iberoamericanos nun ciclo de conversas en liña durante a primavera arredor da saúde, a cultura de paz e o bo vivir, trasládase agora ao territorio para propiciar unha experiencia situada, compartida e participativa.
Cando
setembro 30, 202611:00 am - 6:30 pm(GMT+02:00)
Localización
Pazo de Tor
San Xoán de Tor, s/n, 27591 Monforte de Lemos, Lugo