“Pacios 201, Retratos” de Toño López en Espazo Lupa

"Pacios 201, Retratos" de Toño López en Espazo Lupa

06novTodo o día06dec"Pacios 201, Retratos" de Toño López en Espazo LupaRuando Photofest 2026

Detalles do evento

Arte para levar é unha galería de arte sobre rodas, un proxecto de arte urbana itinerante que achega a creación contemporánea aos espacios cotiáns. Nesta ocasión, presenta a exposición “Pacios 2011″, de Toño de  López.

Percorrido fotográfico polo rostro da aldea, Pacios, no Incio, na provincia de Lugo, Galicia.  Reconciliación cun lugar  que abandona o autor  aos 25 anos.

Retratos na procura do rastro do seu pai nos rostros de todos eles. Vida e morte cobran sentido máis que nunca nunha aldea na que todos parecen estar agardando algo definitivo. Experiencia vital na que volve traballar con eles, pero esta vez cunha cámara de placas de 9 x 12. Proceso lento, traballo lento, un clic emocional, a verdade dos rostros, a verdade dun rostro. Cal é a verdade? Non hai unha soa verdade.

Cando

novembro 6, 2026 - decembro 6, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Museo Provincial de Lugo

Pl. de la Soledad, s/n, 27001 Lugo

Outros eventos

Museo Provincial de Lugo

Obter indicacións

Go to Top