Ruando PhotoFest26
Ruando PhotoFest26
Na RMPL

Museo provincial de Lugo | Praza de San Marcos
Dende o 04/11/2026
O proxecto Ruando PhotoFest26 é un festival de fotografía de rúa e documental que se celebrará en Lugo durante os meses de novembro e decembro de 2026, co obxectivo de posicionar a cidade como un referente artístico e cultural neste xénero e transformar o espazo urbano nunha galería viva. O festival desenvólvese en moitos espazos repartidos pola cidade —como a Escola de Artes Ramón Falcón (EASD), a Biblioteca Provincial, O Vello Cárcere, o Museo MIHL e o Salón de Actos da Deputación Provincial—, incluídos os espazos da Rede Museística.
A programación que acollen os nosos espazos iníciase o 4 de novembro de 2026 ás 19:00 horas coa inauguración oficial na Praza de San Marcos da exposición «Ruando con Luis Rueda: Un paseo fotográfico». A continuación, o mesmo 4 de novembro de 2026 ás 19:30 horas, a Capela de Santa María acollerá unha charla-presentación da obra co autor e con Xan Cuba. O programa continuará o 6 de novembro de 2026 ás 19:30 horas no Museo Provincial de Lugo coa inauguración da exposición do Club de Fotografía Callejera coordinada por Jota Barros, e completarase esa mesma xornada o 6 de novembro de 2026 ás 20:00 horas nos Xardíns do Museo Provincial de Lugo coa inauguración da mostra «Pacios 2011», de Toño López, integrada en Espacio Lupa.


