A Rede Museística de Lugo participa no foro  “Derechos Culturales en Acción” en Zaragoza

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, participa este venres 15 de maio no foro internacional “Derechos Culturales en Acción”. A súa intervención, titulada “Museo da Migración”, terá lugar ás 11:00 horas na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza.

Nesta sesión, a xerencia da Rede falará sobre  o modelo de traballo da institución sobre as migracións, o patrimonio e a cidadanía crítica. A xornada, que se desenvolve na Aula E 1-2 do Campus San Francisco, serve para trasladar a metodoloxía de xestión da Rede no ámbito dos dereitos culturais e a diversidade.

A presenza da xerente da Rede neste encontro, impulsado polos proxectos Laboratorio de Derechos Culturales e Conectando Voces, permite compartir as prácticas de mediación e os procesos de participación que se desenvolven desde a Rede Museística Provincial de Lugo.

Comparte nas túas redes