III Encuentro Patrimonio de Proximidad. Redactívate
Educar desde el patrimonio
Temática: Museoloxía social
Onde se desenvolve: Sevilla
Cando: 8 e 9 de novembre
Formato: Presencial e en liña
A Rede Museística Provincial de Lugo estará presente no “III Encuentro Patrimonio de Proximidad. Red Actívate” que se celebrará en Sevilla entre os días 8 e 9 de novembro.
Os Encontros son espazos de debate, organizados polo Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico (IAPH), para visibilizar as iniciativas e as comunidades de axentes implicadas na activación do patrimonio cultural desde o local para reflexionar e sobre todo, para crear redes, compartir coñecementos e experiencias.
Este ano quérese poñer o acento nun dos ámbitos de debate da anterior edición: a educación e o patrimonio. Tal como se citou no II Encontro patrimonio de proximidade: os coidados do patrimonio “o concepto patrimonio cultural estaba a quedarse pequeno e para levalo ao límite é necesario pensar en acompañamento, en proxectos integrais de educación patrimonial, en proxectos comunitarios, en redes e persoas. A educación desde o patrimonio é un proceso híbrido, formal e non formal, un proceso activo e de longo percorrido, de ida e volta, de descubrimento, coa participación comunitaria…” (Anxo Portolés II Encontro Patrimonio de Proximidade, 2021). En resumo a identificación das comunidades e a súa participación no proceso patrimonial desde a educación protagonizará o III Encontro.
Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e Ángeles Miguélez, encargada de auxiliares de sala, intervirán o día 8 nos Encontros con “Receitas (non para todos) sobre accesibilidade, inclusión, igualdade e sustentabilidade para unha (di)xestión patrimonial.”
A asistencia é aberta e gratuíta ata completar aforo, só é necesario enviar un correo a esta dirección indicando o interese e a modalidade, presencial ou en liña. redactivate.iaph@juntadeandalucia.es
Tamén che pode interesar
Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, galardoada coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2024