RMPL, 25 anos dando tempo ao tempo para unha educación inclusiva
Museus amb consciència global
Este martes día 14 a xerente Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago impartirá o relatorio “RMPL, 25 anos dando tempo ao tempo para unha educación inclusiva” no L’ETNO, Museu Valencià d’Etnologia, que acolle o seminario “Museus amb consciència global”, organizado por Treball Solidari.
O seminario pretende xerar un encontro para indagar sobre o papel dos museos como institucións responsables para a difusión da cultura e unha educación transformadora, ante os retos locais e globais, contribuíndo así a fortalecer vínculos entre os distintos axentes implicados.
Con esta participación, enmarcada na programación especial para celebrar o DIM, a RMPL segue creando redes con outros museos e institucións dentro do seu programa de proxección externa.