Comunidades y museos del territorio.
Encuentro Colaborativo.
A Rede Museística Provincial de Lugo formará parte do “Encuentro Colaborativo. Comunidades y museos del territorio” que terá lugar este venres, 18 de outubro, na sede da Fundación Cerezales Antonio Y Cinia (FCAYC), en Cerezales de Condado, León. Este evento, organizado en colaboración coa FCAYC e o Museo de León, ten como obxectivo analizar e fortalecer as relacións entre as comunidades locais e os museos, abordando o tema desde múltiples perspectivas e coa participación de profesionais destacados a nivel europeo, nacional e provincial.
Un dos principais desafíos que afrontan os museos e centros culturais é o de conectar de maneira efectiva coas comunidades que pretenden representar e servir. Con frecuencia, a falta de comunicación e reciprocidade dificulta este vínculo, o que motiva a celebración deste encontro, que busca xerar un espazo de diálogo e reflexión. A presenza de expertos e experiencias de museos nacionais e europeos enriquecerá as discusións, mentres que o intercambio entre casos locais axudará a explorar novas formas de colaboración entre museos e as súas comunidades.
A RMPL estará representada pola súa xerente, Encarna Lago, que participará nunha conferencia marco ás 12:00 h, xunto con Mar Palacio, presidenta do Instituto de Estudos Bercianos, e Jesús Fernández, director do C.I. e Ecomuséu da Ponte, en Asturias.
Enlaces de interese
Descarga a presentación da RMPL no encontro