A Rede Museística de Lugo unifica o acceso aos seus fondos

mediante a tecnoloxía VuFind

Iria castro, encarna lago e aurelia balseiro presentando vufind no museo provincial de lugo

A Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo impulsa a modernización da Rede Museística Provincial mediante a implantación de VuFind. Este novo sistema responde ao obxectivo de integrar as coleccións dos distintos centros nun único punto de consulta para facilitar o acceso da cidadanía ao patrimonio común.

A ferramenta permite realizar buscas unificadas en arquivos, bibliotecas e fondos museográficos a través dunha interface intuitiva e multilingüe. Ao tratarse dun proxecto baseado en software libre, a institución aposta pola innovación técnica e a accesibilidade dixital, reducindo as barreiras entre as persoas usuarias e a información.

O sistema estará operativo a partir de xuño, optimizando a xestión documental e reforzando a conexión interna dos museos que integran a Rede Provincial. Esta mellora técnica garante unha consulta de datos máis rápida e eficiente, consolidando o compromiso da Deputación de Lugo coa democratización da cultura

Comparte nas túas redes