A Tabula Hospitalis regresa ao Museo Provincial de Lugo

Fotografía dunha exposición museística que presenta unha tabula romana de bronce con inscricións en latín. A parte superior inclúe unha ilustración que reproduce o contido da inscrición en branco sobre un fondo negro, acompañada de información explicativa. A tabula orixinal está decorada con detalles en relevo e situada nun panel branco, rodeada de obxectos arqueolóxicos como ánforas e recipientes antigos.

A Tabula Hospitalis do Courel volve ao Museo Provincial de Lugo tralo seu préstamo na exposición “Hospitalitas. La Gracia del encuentro / A graza do encontro”, organizada pola Fundación Las Edades del Hombre, onde tivo un lugar predominante en función da liña argumental da mostra na sede da Colexiata de Santa María de Villafranca del Bierzo.

Trátase dunha das pezas máis senlleiras da sala 9 do MPL, na sección de Romanización, na que se atopa dispoñible de novo para o público visitante.

Comparte nas túas redes