José Trapero Pardo

30 anos do pasamento

José Trapero Pardo. AMPL, Fondo persoal Trapero Pardo.

Temática: Arquivo

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Fai 30 anos, tal día coma hoxe, en plenas festas patronais, deixábanos José Trapero Pardo (Castro Riberas de Lea, 1900 – Lugo, 1995).

Dende o Arquivo do Museo Provincial de Lugo queremos lembrar a ese home polifacético que foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Numerario da Real Academia Galega, director do Museo Provincial de Lugo, cronista oficial… e, fundamentalmente, escritor e xornalista, autor de varios libros e director de diarios como La Voz de la Verdad ou El Progreso.

E, como non, a voz do personaxe Pelúdez.

Entre os fondos custodiados polo arquivo do Museo Provincial de Lugo contamos co seu fondo persoal, doado á súa morte. Fórmano 56 unidades de instalación con documentación variada que abarca dende a súa xuventude, a familia, a súa correspondencia, artigos de prensa e de radio, entrevistas, homenaxes, pregóns, ofrendas, medallas, persoeiros, etc.

Ademais de 20 mil fotografías e diapositivas, cun amplo abano temático, onde plasmaba o seu día a día -unha das súas grandes afeccións-, sendo o primeiro en Galicia en facer un póster, utilizando para iso a máquina do cine de Mondoñedo. A maior parte das imaxesson das súas viaxes coa asociación que tamén presidiu: Los Amigos de los Castillos.

BFG, Arquivo do MPL

Comparte nas túas redes