50 aniversario do concurso exposición de pintura e escultura lucense

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

No ano 1976 celebráronse en Lugo os 2.000 anos da fundación da cidade e para coordinar e organizar o amplo programa de actividades que se desenvolveron ao redor do evento nomeouse o Padroado do Bimilenario.

Entre os variados actos que levaron a cabo en torno ao evento destacamos o Concurso Exposición de Pintura e Escultura Lucense, que tivo lugar entre o 8 e o 18 de novembro de 1976 -fai agora cincuenta anos- no paraninfo da Deputación de Lugo, na que participaron artistas noveis nacidos en Lugo ou vinculados, dalgunha maneira, coa provincia.

En total expuxéronse vinte obras pictóricas e dezasete escultóricas. Os artistas que concorreron á exposición na Sección de Pintura foron: Mari Luz Antequera Congregado, José Ignacio Pardo Pedrosa, Antonio Quesada, Hipólito Geada Pena, José Carlos Iglesias Requejo, Antonio García Castro, Pablo Ferrero Deza, Isidro Alvariño Martínez, Jesús Blas Lourés, Miguel Ángel Macía, Manuel del Río Castro, José Esteve Adam e José López Guntín; na Sección de Escultura: Leandro Seixas Díaz, Manuel García Buciños, Xoan Piñeiro Nogueira, Juan Puchades Quilis, Florentino Martínez Sánchez, José Vizoso Fernández, José Penado Gómez, Xuxo Vázquez Pardo, Luis Losada Rey e Dora Martínez González.

O 23 de outubro reuniuse, nas dependencias da Deputación, o xurado que decidiu por unanimidade outorgar o primeiro premio de pintura, dotado con 100 pesetas e medalla en categoría de ouro, ao cadro titulado: Arde Galicia, de Mari Luz Antequera Congregado; dous segundos premios, de 75 pesetas e medalla de categoría de prata para: Vexetal, de José ignacio Pardo Pedrosa e Nocturno, de José Esteva Adan e o terceiro premio, dotado con 50 pesetas e medalla en categoría de bronce, para a obra No trato, de Jesús Blas Lourés.

Na sección de escultura o primeiro premio, dotado con 100.000 pesetas e medalla de categoría de ouro, foille concedido a Juan Puchades Quilis pola súa obra: Mariñeiros na brega e houbo dous segundos premios, dotados con 50.000 pesetas cada un e medalla en categoría de prata, para as obras: Figura de pobo, de Manuel García Buciños e San Froilán, de José Vizoso Fernández.

Trala clausura da exposición, todas as obras premiadas foron entregadas ao Museo Provincial de Lugo pola Comisión do Bimilenario.

Actualmente, as tres esculturas están expostas na sala 18 da sección de Arte galega e as obras pictóricas atópanse na sala de reserva.

Arde Galicia. 1976. Luz Antequera

Arde Galicia

Mari Luz Antequera

1976

Óleo sobre lenzo

107 x 81´3 cm

Primeiro premio. Sección Pintura

Vexetal José Ignacio Pardo Pedrosa Óleo sobre táboa 70 x 88 cm Segundo premio Sección Pintura

Vexetal

José Ignacio Pardo Pedrosa

Óleo sobre táboa

70 x 88 cm

Segundo premio Sección Pintura

No trato

Jesús Blas Lourés

1974

Óleo sobre lenzo

60 x 81´1 cm

Terceiro premio. Sección Pintura

Mariñeiros na brega

Juan Puchades Quilis

1975

Ferro

81 x 131 x 27 cm

Primeiro premio. Sección Escultura

Figura de pobo

Manuel García de Buciños

1976

Bronce

63 x 27 x 16 cm

Segundo premio. Sección Escultura

San Froilán

José Vizoso Fernández

1976

Ferro

100 x 50 x 26 cm

Segundo premio. Sección Escultura

MQF, Departamento de Belas Artes do MPL

Comparte nas túas redes