Ramón Otero Pedrayo

Ano Oteriano, 50 anos do seu pasamento

Temática: Arquivo

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Declarado o 2026 como o “Ano Ramón Otero Pedrayo”, coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento (Ourense 05-03-1888/04-10-1976), o arquivo do Museo Provincial de Lugo rinde unha pequena homenaxe a unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX; investigador, pensador, poeta, novelista…, foi membro das Irmandades da Fala, participou de maneira activa na revista “Nós” e no Seminario de Estudos Galegos, defendendo sempre a cultura, identidade e a lingua galega.

No arquivo do MPL: fondo administrativo/museo, custódiase a correspondencia de Manuel Vázquez Seijas (6 unidades de instalación), director da entidade durante décadas.

Entre 1957 e 1964 mantén conversas epistolares con Otero Pedrayo; a maior parte das cartas teñen un carácter institucional e están relacionadas coa conferencia que deu no museo o 30 de marzo de 1960.

A Xunta do MPL e a Deputación Provincial de Lugo convidan ao ilustre escritor para que imparta unha conferencia cuxo contido será: “Temas y aspectos de la emigración gallega en Argentina”

Comparte nas túas redes