Presentadas a actas do Congreso Internacional “Fotografía y Museo

no que participou o MPL

O Ministerio de Cultura e Deporte vén de publicar recentemente as actas do Congreso Internacional “Fotografía y Museo: De los orígenes a la conquista de un espacio de visibilidad en España y América latina (siglos XIX – XXI)” celebrado o 24 e 25 de novembro de 2022, no que participaron a Dirección e os Departamentos Técnicos do Museo Provincial de Lugo cun proxecto de traballo en equipo que permitiu difundir as coleccións fotográficas do MPL.

Esta publicación, impulsada desde o Museo Nacional del Romanticismo en colaboración coa Sorbonne Université e a Université Toulouse – Jean Jaurès de Francia, convida a coñecer o importante legado fotográfico que se conservou nos museos e coleccións museográficas de España e América Latina. A participación na mesma do Museo Provincial de Lugo é o resultado do labor de investigación e divulgación das súas coleccións realizado internamente desde a citada institución, que se recolle no artigo “Colecciones fotográficas del Museo Provincial de Lugo. De la documentación al objeto museográfico” (pp. 132-152), de Aurelia Balseiro García, M.ª Begoña Fernández García, María Quiroga Figueroa e Paula Salinas Somoza.

Pode descargase gratuitamente no seguinte enlace: https://www.libreria.cultura.gob.es/libro/fotografia-y-museo_10580

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes