Albino Fernández
Exposición de Albino Fernández no Museo Provincial de Lugo
Dende o 18 de xullo ata o 15 de setembro.
O pintor e gravador Albino Fernández (1921-2014) foi un artista cunha vida que podería ser un exemplo máis da ringleira da emigración galega en América que recrean nos seus poemas escritores como Lorenzo Varela ou Luis Seoane, creadores que, por certo, tiveron unha relación de amizade co noso artista. De feito, Albino chegou a colaborar estreitamente con proxectos da diáspora galega na Arxentina.
Albino Fernández naceu en Cuba, fillo de galegos da provincia de Lugo que aos oito anos, en 1929, o trouxeron de volta a Galicia, en concreto para a aldea paterna de San Pedro de Viana (Chantada). A seguir, os pais emigrarán á Arxentina para despois, en 1932, facer chegar o meniño Albino a Buenos Aires, reuníndose coa familia.
A exposición que podemos ver no Museo Provincial de Lugo está producida polo Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira e conta coa colaboración do Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo. O proxecto está comisariado por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catálogo.
A exposición conta cun vídeo producido para a súa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira