Aniversario da publicación do decreto de declaración BIC da Colección de Ourivería Álvaro Gil Varela.

O 4 de xuño cúmprense 11 anos da publicación no Diario Oficial de Galicia do Decreto 77/2015, de 21 de maio, polo que se declara Ben de Interese Cultural a colección de ourivería Álvaro Gil Varela, lembrando que en 2018 a Deputación de Lugo rematou a adquisición deste conxunto e procedeu á inauguración dunha nova sala para albergar a xa denominada colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo.
Con motivo desta efeméride, o MPL acaba de facer pública, por medio dunha exposición virtual en Omeka, o conxunto de xoias áureas que custodia na sala 8. Esta mostra pemitirá visualizar en liña todas as pezas da colección de ourivería, coas súas correspondentes fichas catalógráficas, unha contextualización histórico-artística e diversos recursos multimedia e bibliográficos. Deste xeito, foméntase a accesibilidade a unha das coleccións máis senlleiras do museo, ao tempo que se proporcionan elementos de estudo tanto para investigadores como para público xeral.
Omeka permite organizar, describir e exhibir obxectos de museo, así como amosalos virtualmente a través dun deseño moderno, de estética clara e accesible no que se empregan abundantes imaxes e materiais multimedia; o que permite crear exposicións virtuais atractivas e interactivas.
Enlace para ver a exposición Ourivería antiga. A colección do Museo Provincial de Lugo


