Aviso de horario especial o vindeiro 12 de agosto polo eclipse solar

A Rede Museística Provincial de Lugo informa que o vindeiro mércores 12 de agosto os centros museísticos integrantes da rede (Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar) adiantarán o seu horario de peche ás 18:00 horas. Esta medida excepcional de seguridade adóptase para facilitar a xestión de fluxos de público, a mobilidade e a correcta recollida das instalacións con marxe suficiente antes do inicio do eclipse solar total previsto para o final da tarde.
Pregase ás persoas que teñan previsto acudir a calquera dos nosos museos ao longo desa xornada que teñan en conta esta modificación á hora de planificar a súa visita. A actividade habitual e os horarios ordinarios de apertura reanudaranse con total normalidade ao día seguinte, xoves 13 de agosto. Dende a Rede Museística agradecemos a comprensión e colaboración de todos e todas as usuarias diante desta xornada tan singular.


