Camilo Díaz Baliño
Día da Ilustración 2018
Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
A terceira edición do Día da Ilustración co que se quere destacar o papel imprescindible que desenvolveron os ilustradores nas industrias culturais, homenaxea este ano a Camilo Díaz Baliño (Ferrol, A Coruña 1889- Cerceda, A Coruña 1936).
O Museo Provincial de Lugo quere tamén lembrar a este artista que foi creador, escenógrafo, pintor, ilustrador e muralista, ademais de ser un dos iniciadores do movemento renovador en Galicia, membro das Irmandades da Fala e pai do tamén artista Isaac Díaz Pardo.
Na súa produción destacan os seus traballos coma cartelista, sérvese dun modernismo simbólico para crear un arte útil que mova a conciencia social coma por exemplo cos carteis que serviron para pedir o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Camilo Díaz Baliño, realizará un cartel de O Cebreiro para a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, que forma conxunto con outros dous realizados por Bujados e Suárez Couto, que foron encargados pola Deputación Provincial de Lugo, e que se poden ver na sala 24 situada na primeira planta do Museo Provincial de Lugo.
Tamén che pode interesar
Acordanzas: 25 anos da morte de Manuel Colmeiro Guimaraes
Manuel Colmeiro Guimaraes 25 anos da morte Temática: Belas Artes