Camilo Díaz Baliño

Día da Ilustración 2018

Cartel de O cebreiro, ilustración de Camilo Díaz Baliño

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

A terceira edición do Día da Ilustración co que se quere destacar o papel imprescindible que desenvolveron os ilustradores nas industrias culturais, homenaxea este ano a Camilo Díaz Baliño (Ferrol, A Coruña 1889- Cerceda, A Coruña 1936).

O Museo Provincial de Lugo quere tamén lembrar a este artista que foi creador, escenógrafo, pintor, ilustrador e muralista, ademais de ser un dos iniciadores do movemento renovador en Galicia, membro das Irmandades da Fala e pai do tamén artista Isaac Díaz Pardo.

Na súa produción destacan os seus traballos coma cartelista, sérvese dun modernismo simbólico para crear un arte útil que mova a conciencia social coma por exemplo cos carteis que serviron para pedir o Estatuto de Autonomía de Galicia.

Camilo Díaz Baliño, realizará un cartel de O Cebreiro para a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, que forma conxunto con outros dous realizados por Bujados e Suárez Couto, que foron encargados pola Deputación Provincial de Lugo, e que se poden ver na sala 24 situada na primeira planta do Museo Provincial de Lugo.

Tamén che pode interesar

Enrique Martínez Cubells

Este ano 2022 cúmprense 25 anos do pasamento do pintor Enrique Martínez Cubells e o Museo Provincial de Lugo quere lembralo amosando unha obra do artista que forma parte da colección estable desta institución.

Comparte nas túas redes