Castelao. O retorno a Galicia, 1984.

Xan Carballa, fotografías

A imaxe mostra unha escena de tensión onde varias persoas, incluídas figuras uniformadas, parecen estar suxeitando a un home no centro, que amosa unha expresión intensa, posiblemente de angustia ou esforzo. As mans entrelazadas e a multitude arredor suxiren un forcexo ou situación de confrontación.

Este sábado 8 de febreiro, ás 17:00h, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a inauguración da exposición “Castelao. O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías”, comisariada por Xosé Enrique Acuña.

A mostra, que itinera desde o Museo de Pontevedra, institución prestadora das obras, está artellada a partir de 52 fotografías: unha da autoría de Manuel Veiga e 51 realizadas por Xan Carballa o 28 de xuño de 1984, durante os actos desenvolvidos en Santiago de Compostela con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Poderá visitarse na sala de exposicións do MPL ata o 30 de marzo.

Enlaces de interese

Comparte nas túas redes