Cervantes
400 cabodano da morte
Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de abril de 2016 catrocentos anos anos do pasamento de Miguel de Cervantes (1547-1616), o MPLugo quere sumarse a esta celebración achegándose á súa obra a través de tres pezas de louza producidas pola Real Fábrica de Sargadelos no século XIX e que reproducen escenas de “El Quijote”.
Visitas
A partir desta data, 22 de abril, os visitantes que o desexen terán á súa disposición un folleto con plano de situación (véxase anexo) e texto explicativo da autoría de María Quiroga Figueroa e Paula Salinas Somoza sobre estas pezas de louza e as correspondentes escenas de El Quijote neles representadas.
A dirección do MPLugo e o departamento de Belas Artes, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar así a obra e figura deste xenio universal.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
150 aniversario do nacemento de Enrique Martínez Cubells
Enrique Martínez Cubells 150 aniversario do seu nacemento . Temática: