Cervantes

400 cabodano da morte

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de abril de 2016 catrocentos anos anos do pasamento de Miguel de Cervantes (1547-1616), o MPLugo quere sumarse a esta celebración achegándose á súa obra a través de tres pezas de louza producidas pola Real Fábrica de Sargadelos no século XIX e que reproducen escenas de “El Quijote”.

Visitas

A partir desta data, 22 de abril, os visitantes que o desexen terán á súa disposición un folleto con plano de situación  (véxase anexo) e texto explicativo da autoría de María Quiroga Figueroa e Paula Salinas Somoza sobre estas pezas de louza e as correspondentes escenas de El Quijote neles representadas.

A dirección do MPLugo e o departamento de Belas Artes, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar así a obra e figura deste xenio universal.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Eduardo Rodríguez Osorio

Nos cen anos do se nacemento recordamos en Acordanzas ao escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio (Esmeriz, Chantada 5 de marzo de 1920 – Madrid 25 de febreiro de 1995)

Comparte nas túas redes