“Tempo de arte. Obras de museo II”

Ciclo de conferencias

20 e 21/03/2025

Os vindeiros días 20 e 21 de marzo terá lugar no Museo Provincial de Lugo a segunda edición do ciclo de conferencias “Tempo de arte. Obras de museo”, organizado polo Grupo de Investigación Iacobus (GI-1907): Proxectos e Estudos sobre Patrimonio Cultural da Universidade de Santiago de Compostela e o MPL.

A través destas xornadas, coordinadas por Miriam Elena Cortés López (GI-1907-Iacobus, USC), Patricia Cupeiro López (GI-1907-Iacobus, USC) e Aurelia Balseiro (Directora do MPL), divulgarase a investigación e o estudo de distintas pezas do Museo Provincial realizado polos especialistas que interveñen.

A inscrición, gratuíta e aberta a toda a cidadanía ata completar aforo de 60 prazas, pode realizarse a través do seguinte código QR.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes