Coidados na Diáspora.

Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España

Dende o 10/11/2024
ao 18/12/2024

Inauguración: 10/11/2024
De 11:30am a 14:00pm

O colectivo Mulleres á fronte, coa colaboración do Instituto de las Mujeres (Ministerio de Igualdad), presenta unha exposición fotográfica única que visibiliza as experiencias de mulleres caboverdianas na diáspora en España. Este proxecto creativo, baseado en metodoloxías visuais, ten como obxectivo resaltar as historias de vida das mulleres e poñer en valor as súas propias narrativas sobre a migración, coidado e traballo.

O proceso de creación consistiu nunha serie de obradoiros de fotografía participativos con mulleres descendentes da migración caboverdiana. Usando a técnica de photovoice, as participantes capturaron imaxes que reflicten as súas experiencias e perspectivas, conformando así unha exposición colectiva e un arquivo dixital da súa memoria visual na diáspora.

A exposición percorre tres localidades históricas de asentamento das comunidades caboverdianas desde os anos 70: Burela (Galiza), Bembibre (Castela e León) e Zaragoza (Aragón). Esta diversidade xeográfica e temporal permite explorar como evolucionaron os patróns de coidado ao longo das xeracións e a través dos ciclos de vida familiar.

Inauguración

A inauguración terá lugar o día 10 de novembro, de 11:30 a 14:00 h, na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo. Coincidindo coa inauguración, celebrarase o evento de peche e presentación de resultados do proxecto de investigación “Mulleres á fronte dende o Sur Global”, unha iniciativa de intervención participativa sobre desenvolvemento e igualdade a través da música, liderada pola mesma equipa investigadora e financiada pola Cooperación galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Enlaces de interese

Comparte nas túas redes