Colaboración institucional entre a Escuela Superior de Arte del Principado de Asturias e o Museo Provincial de Lugo

A directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e a restauradora do MPL, Blanca Besteiro García, recibiron hoxe ao alumnado do Grado en conservación y restauración de bienes culturales da Escuela Superior de Arte del Principado de Asturias (ESAPA), no marco dos traballos de transferencia de coñecementos e colaboración con outras institucións que se desenvolven desde os departamentos científicos do museo.

O grupo de 30 alumnos e profesores realizou unha visita técnica especializada na que a restauradora do MPL lles explicou os protocolos de conservación preventiva, amosándolles exemplos de intervencións de restauración dos fondos museísticos custodiados.

Esta actividade, que permite que o alumnado complemente a súa formación práctica cunha visión da xestión da conservación do patrimonio museal, estivo coordinada por M.ª José Velasco, xefa do Departamento de Conservación-Restauración da ESAPA, xunto coa directora do MPL.

Comparte nas túas redes