Coleccións en reserva no Museo Provincial de Lugo.

Día Internacional do Conservador-Restaurador. 27 de xaneiro.

As áreas de reserva de museos, tamén chamadas depósitos ou almacéns, son espazos internos fundamentais para o funcionamento dun museo, pois nelas gárdanse e cóidanse os obxectos que non se expoñen por cuestións museolóxicas, expositivas, de conservación ou mesmo loxísticas.

O ICOM estima que máis do 80% das coleccións de cada institución museística se custodia nestas áreas de reserva, lugares dedicados á conservación preventiva, investigación, documentación e xestión dos bens culturais que non están en exhibición pública.

O MPL amosa con motivo desta efeméride as zonas de reserva dos seus fondos de Belas Artes, Etnografía/Artes Decorativas e Arqueoloxía/Historia.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes