“Castelao e as cruces de pedra, os comezos da investigación científica sobre os cruceiros”
Conferencia de Fernando Arribas Arias

O vindeiro xoves 20 de febreiro, ás 19:00h, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a conferencia: “Castelao e as cruces de pedra, os comezos da investigación científica sobre os cruceiros”, impartida polo etnógrafo Fernando Arribas Arias.
O relatorio versará sobre os precursores no estudo dos cruceiros no século XIX e rematará cunha achega á obra de Castelao e ao que significou o mestre rianxeiro no estudo científico dos cruceiros e cruces de pedra.
Entrada libre ata completar aforo.