COUSAS NOSAS:

Dereitos culturais en acción. A educación e a cultura de paz

A imaxe mostra o logotipo central con tipografía grosa en cores amarelo, azul, maxenta e negro. As letras integran siluetas de mans que simbolizan diferentes valores: as mans da 'Creación de Adán' (cultura e creación artística), unha man co signo da vitoria (paz e diálogo), un puño alzado (defensa de dereitos) e unha man aberta (accesibilidade e participación). Baixo o logo aparece o lema 'Dereitos Culturais en acción. A educación e a Cultura de Paz' e os logotipos institucionais da Deputación de Lugo (Vicepresidencia de Cultura) e a Rede Museística Provincial de Lugo."

O espírito do programa ‘COUSAS NOSAS‘ radica en transformar o museo nun espazo vivo de acollida, benestar e xustiza social, poñendo os dereitos culturais e a cultura de paz no centro da acción institucional. Apoiándose nas funcións que nos son propias —investigación, conservación, educación e difusión—, a proposta concibe a Rede Museística como un lugar para ‘coñecer, coidar e compartir’, tecendo redes afectivas e críticas para construír, a través do diálogo e os saberes compartidos, unha sociedade máis inclusiva, consciente e hospitalaria. Un programa que nos lembra, en definitiva, que a paz e os dereitos non son pezas de vitrina para mirar sen tocar, senón algo que se mancha, se discute e, sobre todo, se vive.

Luns, 1 de decembro

Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL)

  • 11:00 h | Presentación institucional Presentación do selo, postal e franqueo pagado coa imaxe do Museo da Migración da RMPL.

Martes, 2 de decembro

Xornada: Encontro de saberes compartidos. Dereitos culturais en acción e cultura de paz

Lugar: Museo Pazo de Tor (TOR)

  • 09:00 h | De camiño a Tor, no autobús Ioga e Arte na RMPL: Corpo, atención e benestar como dereito cultural. A cargo de: Stephanie Cubides (In itinere).
  • 10:00 – 13:30 h | Relatorios e Experiencias
    • Que facemos e que podemos facer nun Laboratorio sobre Dereitos Culturais e Diversidade Cultural na Universidade de Zaragoza. A cargo de: Jorge Jiménez (Universidade de Zaragoza).
    • Coserlle godets ao museo. A cargo de: Tonina Cerdà (Xefa de Programas Públicos do Museu Picasso de Barcelona).
    • Proxectos coa RMPL. Participan: Paula Cabaleiro, Daniel Vázquez, Carlota Pérez e Zinthia Palomino.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

  • 16:00 – 19:15 h | Educación, Paz e Museos
    • Educación histórica, interseccionalidade crítica e cultura democrática. A cargo de: Belén Castro (Universidade de Santiago de Compostela).
    • Comprender a violencia para construír a Paz: Percepcións estudantís sobre conflitos e violencia na aula. A cargo de: Manuel Pousa (IES María Casares de Oleiros).
    • Presentación do Museo da Migración da RMPL. A cargo de: Encarna Lago (Xerente da RMPL), Ruth Sousa e Sergio Lago (Bencuriosa).
    • Presentación do Museo da Paz de Gernika. Participan: Iratxe Momoitio (Directora do museo) e Idoia Orbe (Responsable do departamento educativo).

Lugar: Deputación de Lugo

  • 20:00 h | Teatro Representación: Zulo de Palimoquiños Teatro. Coa dirección e dramaturxia de Paloma Lugilde. Obra gañadora do 1º Premio Xuventude Crea de teatro amador.

Mércores, 3 de decembro

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: Accesibilidade e participación

Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL)

  • 09:00 – 14:00 h | Museos Sociais e Inclusivos
    • O Museu Marítim de Barcelona: un museo socialmente responsable. A cargo de: Teresa Soldevilla (Responsable da área de responsabilidade social do MMB).
    • Un museo feito á medida: participación, cultura e saúde. A cargo de: Alberto Gamoneda (Educador da área de educación do Museo Thyssen).
    • Presentación de Apropa Cultura Cataluña e Apropa Cultura Balears. Participan: Claudia Torner (Coordinadora de Apropa Cultura Cataluña) e María del Mar Matas (Responsable de xestión en Balears).
    • Sen etiquetas. Moda, persoas con discapacidade, mosaicos e miradas. A cargo de: Mari Carmen Parapar (COGAMI).

Xoves, 4 de decembro

Xornada: Migracións e convivencia intercultural

  • 15:30 h | Obradoiro (Lugar: MPL) Cartografía de acollida. Saír do Mapa.
  • 19:00 h | Inauguración (Lugar: O Vello Cárcere) Inauguración da exposición: Tecendo redes: migración, arte e Lugo.

Venres, 5 de decembro

Xornada: Arte, museo, saúde e benestar

Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL)

  • 11:00 h | Faladoiro Coñecer, coidar, compartir: os museos como espazos para o benestar. A cargo de: Leonardo Casado
  • 11:30 h | Mesa de diálogo Participación activa da sociedade civil. Mesa do grupo Arte, museo, saúde e benestar.
  • 13:45 h | Relatorio Coidarnos: a importancia dos autocoidados na saúde mental. A cargo de: Patricia Vázquez Carballal (FEAFES Galicia).

Sábado, 13 de decembro

Xornada: Migracións e convivencia intercultural

  • Visita cultural: Viaxe ao Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe El Ferreiro”, para a inauguración da exposición itinerante da RMPL “113+” de Evelyn Ruiz.

Xoves, 18 de decembro

Día Internacional das Persoas Migrantes

  • 16:30 h | Roteiro pola cidade de Lugo coa comunidade migrante Cartografía da acollida: Saír do mapa. Nota: Entregaráselle a todas as persoas asistentes o selo e a postal con franqueo pagado de Correos conmemorativo coa imaxe do Museo da Migración da RMPL.
  • 19:00 h | Inauguración (Lugar: MPL) Inauguración da exposición: Memorias Migrantes: Arquivo gráfico en construción. Adela Vázquez (Premio Ajerga 2024). A continuación tamén se presentará o proxecto “126+”.

Venres, 19 de decembro

  • 17:00 h | Actividade na RMPL Hackea a túa visita. Diálogos en clave decolonial pola RMPL.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes