Culturas en diálogo no CENIMA de Foz

Exposicións en itinerancia

O CENIMA de Foz acolle dende o día 20 de marzo ás 18:00h. dúas exposicións dentro do proxecto Culturas en diálogo da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL): “Proximidade Llunyana” e “113+”. Dous proxectos artísticos que exploran a diversidade, a memoria migratoria e a convivencia, visibilizando historias que conectan o pasado co presente.

Proximidade Llunyana 

Unha homenaxe ás mulleres da provincia que, no pasado, emigraron a Barcelona en busca dun futuro mellor. A través de cartas, fotografías e obxectos persoais, esta exposición reconstrúe as súas historias, poñendo en valor a maleta como símbolo da memoria e do sacrificio. Un diálogo entre xeracións que conecta o pasado migratorio de Galicia coa realidade actual.

113+ 

Un proxecto artístico da fotógrafa Evelin Ruiz Crego que documenta a riqueza cultural de Lugo, onde conviven persoas de máis de 113 nacionalidades. A exposición, creada en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo, presenta retratos fusionados con obxectos simbólicos que representan a identidade das persoas participantes, abrindo un diálogo sobre a migración e a convivencia.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes